Política de privacidade

1. INFORMACIÓN AO USUARIO

YASMINA FIGUEROA SANJUÁN, como Responsable do Tratamento, infórmalle que, segundo o disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), trataremos os seus datos tal e como se reflicte na presente Política de Privacidade.

Nesta Política de Privacidade describimos como recollemos os seus datos persoais e por que os recollemos, que facemos con eles, con quen os compartimos, como os protexemos e cales son as súas opcións respecto ao tratamento dos seus datos persoais.

Esta Política aplícase ao tratamento dos datos persoais recollidos pola empresa para a prestación dos seus servizos. Se acepta as condicións desta Política, acepta que tratemos os seus datos conforme se describe aquí.

2. CONTACTO

Denominación social: YASMINA FIGUEROA SANJUÁN
Nome comercial: Yasmina Figueroa Sanjuán
NIF: 15494932Q
Domicilio: Rúa Marie Curie, 15 – Santiago de Compostela
Correo electrónico: figueroasanjuan@gmail.com

3. PRINCIPIOS CLAVE

Sempre estivemos comprometidas coa prestación de servizos co máis alto grao de calidade, o que inclúe tratar os seus datos con seguridade e transparencia. Os nosos principios son:

  • Lexitimidade: Só recollemos os seus datos persoais con fins específicos, explícitos e lexítimos.
  • Minimización de datos: Limitamos a recollida ao que é estritamente necesario para os fins declarados.
  • Limitación da finalidade: Só empregamos os seus datos para os fins indicados e conforme os seus desexos.
  • Precisión: Mantemos os datos exactos e actualizados.
  • Seguridade dos datos: Aplicamos medidas técnicas e organizativas adecuadas para evitar accesos non autorizados, destrución ou perda accidental, ou calquera outro tratamento ilícito.
  • Acceso e rectificación: Ofrecemos medios para que poida acceder ou rectificar os seus datos cando o considere oportuno.
  • Conservación: Gardamos os datos só durante o tempo necesario e de forma legal e apropiada.
  • Transferencias internacionais: No caso de transferencias fóra da UE/EEE, garantiremos unha protección adecuada.
  • Terceiros: O acceso ou cesión de datos a terceiros realizarase conforme a lei e con garantías contractuais.
  • Marketing directo e cookies: Cumprimos coa normativa aplicable nesta materia.


4. RECOLLIDA E TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS

Os tipos de datos que se poden solicitar e tratar son:

  • Datos identificativos.

Tamén recollemos datos automaticamente sobre a súa visita ao noso sitio web segundo se describe na nosa política de cookies.

Sempre que se soliciten datos persoais, informarase con claridade de que datos se recollen e con que finalidade. En xeral, recollemos e tratamos datos co propósito de:

  • Proporcionar información, servizos, produtos, novidades e contidos relevantes.
  • Enviar comunicacións.


5. LEXITIMACIÓN

De acordo coa normativa vixente, trataremos os seus datos cando:

  • Nos dea o seu consentimento. Pode retiralo en calquera momento.
  • Exista unha obriga legal.
  • Exista un interese lexítimo que non vulnere os seus dereitos, como o envío de información comercial mediante subscrición ao boletín ou por ser cliente.
  • Sexa necesario para a execución dun contrato ou servizo.


6. COMUNICACIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos poderán ser comunicados a empresas vinculadas a YASMINA FIGUEROA SANJUÁN para a prestación de servizos en calidade de Encargados do Tratamento. A empresa non realizará ningunha cesión salvo obriga legal.


7. OS SEUS DEREITOS

Pode contactar connosco en calquera momento para exercer os seguintes dereitos:

  • Acceder aos seus datos e á información recollida no artigo 15.1 do RXPD.
  • Rectificar os datos inexactos ou incompletos (art. 16 RXPD).
  • Suprimir os seus datos (art. 17 RXPD).
  • Limitar o tratamento (art. 18 RXPD).
  • Solicitar a portabilidade dos seus datos (art. 20 RXPD).
  • Opoñerse ao tratamento (art. 21 RXPD).

Se nos deu o seu consentimento para un fin específico, pode retiralo en calquera momento sen que iso afecte á legalidade do tratamento previo.

Para exercer estes dereitos, pode enviarnos unha comunicación motivada e acreditada ao correo figueroasanjuan@gmail.com.

Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

8. INFORMACIÓN LEGAL

Os requisitos desta Política complementan, e non substitúen, calquera outro requisito legal en materia de protección de datos, que prevalecerá en caso de conflito.

Esta Política está suxeita a revisións periódicas e pode ser modificada pola empresa en calquera momento. Cando iso ocorra, informaráse dos cambios e solicitarase que lea e confirme a nova versión actualizada.

Buscas traducións precisas e profesionais?

Ofrezo servizos lingüísticos de alta calidade en galego, español, inglés, francés e portugués. Conecta comigo para asegurar que a túa mensaxe chegue de xeito claro e efectivo.

Son Yasmina Sanjuán, tradutora autónoma. Ofrezo traducións precisas e profesionais en galego, español, inglés, francés e portugués.

Sígueme: